«Feridas sen nome», Chloé

//

susigallardo

Teño feridas nos oídos,

de todo iso que me dixeches

e eu non quería escoitar.

Palabras que se meteron no meu peito

e se negaron a saír.

Todo o que non quixen oír,

quedoume gravado nas paredes da alma

e agora,

cando pecho os ollos,

segue a soarme, coma un eco,

que non ten fin.

Ecos que nin o tempo soubo calar.

Teño feridas nos ollos,

de tanto pedir axuda

coa tristura que se apoderou deles.

Teño feridas nos beizos,

que tanto se pecharon

cando eu só quería berrar.

Que foron testemuñas de todo o que non dixen.

Foron beizos que mantiñan os segredos,

que non me atrevía a dicir,

por medo a sufrir.

Teño feridas na pel, na miña pel,

tan sumamente fráxil ao teu tacto.

Na que teño marcas que non se ven.

Partes onde teño impregnadas as túas pegadas,

que desexo borrar,

sen deixar rastro delas.

Partes no MEU corpo,

que nunca foron túas.

Teño feridas no peito,

de tanto gardar o medo,

coma un segredo.

E hoxe falo.

A miña voz sae feble

destes beizos feridos,

máis sae.

Xa non gardo segredos por medo,

ou vergoña.

A culpa non foi miña.

E o meu corpo

é meu.

Sempre o foi.

Chloé F. C. 3°C

Deja un comentario

Susi Gallardo

Consulta presencial

Consulta online

Centro Sanitario número: C-36-002007

Socio de:

Comprometidos con la calidad

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.